Triffin, Robert

Triffin, Robert

Economista belga. Graduado na Harvard University, ocupou cargos no sistema da reserva federal, a Unión Europea de Pagamentos e o Fondo Monetario Internacional. Naturalizado estadounidense (1942-1977), contribuíu á teoría da competencia con Monopolistic Competition and General Equilibrium Theory (1940). Dedicado ao tratamento da liquidez internacional, participou na creación do Sistema Monetario Europeo (1978). Publicou Gold and the Dollar Crisis (1960), Our International Monetary System: Yesterday, Today and Tomorrow (1968) e How to Arrest a Threatening Relapse into the 1930’s? (1971).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Flobecq, Hainaut

  • Deceso

    Lugar : Ostende, Flandres Occidental