Trillo Pérez, Joám
Músico, compositor e director de orquestra. Estudou no seminario de Santiago de Compostela, onde se iniciou na música e se ordenou sacerdote (1966). Continuou os estudos de solfexo e piano con Ángel Brage e licenciouse en Canto Gregoriano na Escuela Superior de Música Sagrada de Madrid. Posteriormente, estudou no Conservatorio de Roma, onde estreou obras, como Canto azteca, Grandes som os desertos e Um dia de festa na aldeia. En 1977 dirixiu o Conservatorio Elemental de Santiago de Compostela. En 1978 fundou a Orquesta de Santiago e o Grupo de Vento da Orquesta de Santiago. Foi membro fundador da Sociedade Filharmónica de Santiago. Na década de 1990 accedeu á dirección da Xoven Orquestra de Galicia, coa que recuperou gran parte do repertorio de compositores galegos como Andrés Gaos ou Melchor López. Publicou en colaboración con Carlos Villanueva diversos libros, como Vilancicos galegos da catedral de Santiago (1980) e Polifonía Sacra galega (1982). Foi galardoado co Premio da Crítica de Galicia (1981) polo seu labor musical.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Campelo, Negreira