Trinta, Consello dos
Trinta, Consello dos
Comisión de trinta cidadáns oligarcas, chamados tamén os Trinta e os Trinta Tiranos, instituída en Atenas tras a derrota ante Esparta (404 a C). Levaron a cabo feroces persecucións dos partidarios da democracia e despois dun ano de dominio foron depostos nunha revolta, na que participou decisivamente Trasibulo.