trintismo
trintismo
s
m
[HIST]
Doutrina e estratexia preconizadas polo sector da CNT favorable aos asinantes do manifesto dos Trinta (1931), contrario ao predominio da FAI na CNT. En realidade recolleu o ideario formulado polos principais dirixentes sindicalistas da CNT durante a Ditadura de Primo de Rivera fronte os partidarios de converter a CNT nun organismo explicitamente anarquista. Impulsou finalmente a constitución dos Sindicatos de Oposición.