trintismo

trintismo
s m [HIST]

Doutrina e estratexia preconizadas polo sector da CNT favorable aos asinantes do manifesto dos Trinta (1931), contrario ao predominio da FAI na CNT. En realidade recolleu o ideario formulado polos principais dirixentes sindicalistas da CNT durante a Ditadura de Primo de Rivera fronte os partidarios de converter a CNT nun organismo explicitamente anarquista. Impulsou finalmente a constitución dos Sindicatos de Oposición.

Palabras veciñas

Trinta Anos, Guerra dos | Trinta, Consello dos | trintena | trintismo | trinzar | trío | tríodo