tríodo
tríodo
s
m
[FÍS]
Tubo eléctrico de tres eléctrodos: o ánodo, o cátodo e a reixa ou eléctrodo de control, que se emprega principalmente na amplificación de sinais. Foi inventado por Lee de Forest (1906), como un perfeccionamento do díodo, contribuíu ao desenvolvemento da radiotecnia e foi a base doutros tubos ideados posteriormente como o tetrodo ou o péntodo.