Trípoli
Capital do mu ḥ āfa ẓ a de Líbano Norte, Líbano (240.000 h [1991]), situada na costa N, nunha rexión rica en oliveiras e laranxeiras. O seu porto, Al-Mīnā’, é unha importante escala petroleira, e a súa refinaría desemboca no oleoduto de Kirkūk (Iraq). A causa da Guerra Civil de 1975-1976, da inestabilidade política e das loitas que a seguiron e da guerra entre Iraq e Irán, perdeu importancia económica e internacional. Fundada arredor do s VII a C, a cidade foi ocupada por Antígono Monóftalmos (315-312 a C), por Ptolomeo III (258-218 a C) e polos seléucidas (s I a C). Islamizada desde os primeiros tempos da expansión musulmá (638), a raíz da conquista da cidade polos cruzados (1109), converteuse na capital do condado de Trípoli. Logo de ser arrasada polo sultán mameluco Qalāwūn al-Alfī (1289), a cidade foi reconstruída cara ao interior. En 1510 unha expedición organizada por Fernando II de Aragón, encargouse dela. Posteriormente, Carlos V cedeulle o control á orde de San Xoán de Malta. Desde 1551 caeu en poder dos turcos e foi rexida por un paxá. Ocupada polos italianos en 1911, entre 1941-1943 foi base da retagarda das tropas do Eixe e ocupada polas tropas de Montgomery.