tríptico
(< grτρίπτυχος ‘dobrado tres veces’)
-
s
m
[ARTE]
Composición pitórica, escultórica ou de ourivaría dividida en tres corpos, en que os dous exteriores, normalmente secundarios, se pechan sobre o central. Teñen decorada a cara exterior, que queda á vista cando o tríptico está cerrado. Apareceu en Bizancio como derivación e ampliación do díptico, e na arte cristiá oriental preferiuse sempre de tamaño pequeno, mentres que na arte cristiá oriental primou o portátil. En Occidente chegou a adquirir grandes dimensións e constituíu verdadeiros retablos de altares cuxo mellor momento foi o gótico. O seu uso perdurou ata o s XV.
-
s
m
[LIT]
Conxunto de tres obras literarias que teñen unha afinidade ou un vínculo temático.
-
s
m
Folla do tamaño dun folio que se divide e se dobra en tres partes iguais, e que se utiliza para difundir información ou propaganda.