Trocado

Trocado
[ONOM]

Antropónimo masculino que provén do latín Torquatus, de torques ‘torque, especie de colar ou brazalete’, ‘adornado cun torque’. Á súa vez deriva de torqueo ‘torcer, virar’. Presenta as variantes Torcato, Torcado e Torgado.