trocánter
trocánter
(
-
s
m
[ANAT]
Cada unha das dúas tuberosidades óseas que nos vertebrados tetrápodos están situadas por debaixo do colo do fémur. O trocánter maior ou gran trocánter, na extremidade superior do fémur, dálle inserción aos músculos glúteo medio, obturador e xemelgo. No trocánter menor ou pequeno trocánter, insírese o músculo psoas ilíaco.
-
s
m
[ZOOL]
Segundo artello das patas dos insectos e doutros artrópodos, de tamaño xeralmente pequeno, entre a coxa e o fémur.