1 trocar

1 trocar
  1. v t

    Cambiar unha cousa por outra.

    Ex: Trocou a saia por un vestido.

  2. v t

    Intercambiar reciprocamente unha cousa.

    Ex: Trocamos as nosas opinións.

  3. v t

    Tomar unha cousa para substituír outra.

    Ex: Troquei o silencio por barullo.

  4. v t

    Cambiar unha cantidade de diñeiro polo seu equivalente en moedas ou billetes de inferior valor, ou por moedas doutros países.

    Ex: No banco non me trocaron os cartos.

  5. v t

    Converter unha cousa noutra diferente. OBS: Adoita empregarse seguido da preposición en.

    Ex: Trocaba en diversión todo o que facía.

  6. v t

    Confundir unha cousa con outra diferente.

    Ex: Sempre troca os nomes das rúas.

  7. v pron

    Transformarse noutra cousa que se expresa. OBS: Emprégase seguido da preposición en.

    Ex: O medo trocouse en tranquilidade.

Frases feitas

  • Trocar/trocarse o sentido. Non razoar ben.

Conxugar
VERBO 1 trocar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trOco
trOcas
trOca
trocamos
trocades
trOcan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trocaba
trocabas
trocaba
trocabamos
trocabades
trocaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
troquei
trocaches
trocou
trocamos
trocastes
trocaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trocara
trocaras
trocara
trocaramos
trocarades
trocaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trocarei
trocarás
trocará
trocaremos
trocaredes
trocarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trocaría
trocarías
trocaría
trocariamos
trocariades
trocarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trOque
trOques
trOque
troquemos
troquedes
trOquen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trocase
trocases
trocase
trocasemos
trocasedes
trocasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trocar
trocares
trocar
trocarmos
trocardes
trocaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
trOca
-
-
trocade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
trocar
trocares
trocar
trocarmos
trocardes
trocaren
Xerundio trocando
Participio trocado
trocada
trocados
trocadas