trogoniforme
trogoniforme
-
adx
Relativo ou pertencente aos trogoniformes.
-
s
m
[ANIMAL/ORNIT]
Ave da orde dos trogoniformes.
-
s
m pl
[ANIMAL/ORNIT]
Orde de aves de 25 a 30 cm cos pés heterodáctilos, o peteiro curto, ancho e lixeiramente curvo e a plumaxe brillante. Son insectívoros e fruxívoros, arborícolas e sedentarios. Habitan as selvas e os bosques tropicais de América Central e do Sur, África, India, Malaisia, Borneo e Filipinas.