Troia ou Ílion
Troia ou Ílion
Antiga cidade de Asia Menor situada nos territorios de Tróade, preto do estreito dos Dardanelos (actualmente, o alto de Hisarlik, Turquía). Considerada durante moitos séculos como unha invención de Homero, a súa existencia real demostrouse a finais do s XIX, cando a descubriu H. Schliemann. Atopáronse os restos dunha cidade que correspondía, cronoloxicamente, á época micénica. Quedou así demostrada a historicidade da Guerra de Troia cantada por Homero. Pénsase que a destrución da cidade está en íntima relación coa caída do Imperio Hitita ao redor do s XIV a C.