trombose
trombose
(< grθρόμβωσις ‘coagulación’)
-
s
f
[PAT]
Proceso de formación ou desenvolvemento dun trombo dentro dun vaso sanguíneo.
-
trombose activa
[PAT]
Trombose que se produce por retardo da circulación.
-
trombose arterial
[PAT]
Formación de trombos nas arterias.
-
trombose pasiva
[PAT]
Trombose que se produce polo estancamento do sangue nun vaso.
-
trombose puerperal
[PAT]
Coagulación do sangue nas veas despois do parto.
-
trombose venosa
[PAT]
Formación de trombos nas veas.