Tudela

Tudela

Municipio de Nafarroa situado na beira dereita do Ebro, na confluencia co Queiles (29.918 h [2001]). Ten industria conserveira e de pensos, celulosa e artes gráficas. De fundación romana (Tutela), foi un baluarte da fronteira superior de Al-Andalus durante os séculos de dominio árabe (ss VIII-XII). En 1476, foi escenario dunhas negociacións de paz entre Xoán II e o seu fillo o futuro Fernando o Católico para poñer fin ás loitas civís navarras. Tivo un mercado importante durante a Idade Media. O conxunto histórico da vila foi declarado BIC en 1992 e nel destacan a colexiata de Santa María (BIC, 1884), a igrexa da Magdalena (BIC, 1984), os palacios do marqués de San Adrián (BIC, 1994) e do marqués de Huarte (BIC, 1989) e o castelo e o monte de Santa Bárbara (BIC, 1997).