Tudor

Tudor

Familia galesa que deu lugar unha dinastía de reis en Inglaterra. As súas orixes coñécense a partir do s XIII, con Ednyfed Fychan (?-1246), pero a fortuna dinástica da familia foi establecida por Owen Tudor (1400?-1461), un aventureiro que casou con Catarina de Francia, viúva de Enrique V de Inglaterra. Un dos seus cinco fillos, Edmund Tudor (1430?-1456), foi nomeado conde de Richmond (1452) e casou (1455) con Margaret Beaufort, filla do duque de Somerset. O seu único fillo, Henry Tudor (?-1509), herdeiro dos dereitos da dinastía de Lancaster, loitou contra o rei yorkista Ricardo III, a quen derrotou en Bosworth Field (1485) e converteuse en Enrique VII de Inglaterra (1485-1509). Sucedeuno o seu fillo, Enrique VIII (1509-1547), e polos tres fillos deste: Eduardo VI (1547-1553), María I (1553-1558) e Isabel I (1558-1603).