Tudor, estilo

Tudor, estilo

Estilo artístico inglés que se desenvolveu desde o s XIV ata o comezo do s XVII e que tivo o momento de máximo esplendor durante o reinado da dinastía Tudor. Caracterizouse pola progresiva inserción do estilo renacentista no estilo gótico. No tocante á pintura sobresaíu Hans Holbein o Novo e en escultura deixáronse sentir as innovacións italianas e francesas, especialmente nas efixies funerarias. Destacan a capela do King’s College de Cambridge, a de Saint George do castelo de Windsor e a de Enrique VII na abadía de Westminster, edificios onde se prolongou o perpendicular style.

Palabras veciñas

tudense | tudesco -ca | Tudor | Tudor, estilo | tueira | tufarada | Tufayl, Abū Bakr Mu ammad ibn