Tuileries

Tuileries

Palacio de París situado na beira dereita do Sena, entre o Louvre e os Champs-Elysées. Foi comezado por P. Delorme (s XVI) e rematado (s XVII) por A. de Cerceau, L. Le Vau e A. Le Nôtre. Incendiado en 1871, foi demolido en 1882. Só se conservan o pavillón de Flora e o de Marsan, e no lugar que ocupaba están os xardíns das Tuileries.

Palabras veciñas

Tui-Vigo, diocese de | tuia | tuición | Tuileries | Tuimil | Tuineje | tuitivo -va