tulio
tulio
(< lat Thule ‘rexiónhiperbórea de Europa’)
s
m
[QUÍM]
Elemento químico, de número atómico 69 e peso atómico 169,4, que pertence ao grupo IIIB da táboa periódica. É monoisotópico, aínda que se coñecen quince radioisótopos artificiais, e o máis importante deles é o 170Tm, que se emprega como fonte de raios X para equipos portátiles. É estable no aire e altérase pola acción da humidade debido ao seu forte carácter electropositivo. É o menos abundante dos metais das terras raras e foi descuberto no ano 1879 por P. Cleve. O seu mineral máis importante é a monocita, da que se separa por extracción con disolventes e cromatografía de intercambio iónico.