tulipeiro

tulipeiro
  1. s m [PLANTA]

    Nome que reciben diversas árbores do xénero Liriodendron.

  2. tulipeiro de Virxinia [PLANTA]

    Árbore caducifolia, de ata 60 m de altura, que ten copa piramidal e frondosa e cortiza grosa con fendas profundas. Ten follas alternas, pecioladas, simples, lobuladas, co ápice truncado e de cor verde brillante no anverso e máis pálido no reverso. As flores son solitarias, de gran tamaño, de cor branca ou amarela verdosa e unha franxa alaranxada na base dos pétalos e con numerosos estames. Os froitos teñen forma de cono e son de cor parda clara. Os exemplares novos non florecen e os adultos fano entre maio e xullo. É orixinaria de EE UU e en Galicia crece nalgúns parques.

Palabras veciñas

tulio | tulipa | tulipán | tulipeiro | tulla | Tulla | Tulle