túnido -da
túnido -da
(< lat científico Thunnus)
-
adx
Relativo ou pertencente aos túnidos.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da familia dos túnidos.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Familia de teleósteos, da orde dos perciformes, co corpo fusiforme, coa aleta caudal en forma de media lúa, pedúnculo caudal estreito, fociño moi agudo e a parte anterior do tronco protexida por grandes placas. Habitan nos mares de todo o mundo, en zonas peláxicas de alta mar, e só se aproximan ás costas en grandes bancos para desovar.