Tunstall, Cuthbert
Tunstall, Cuthbert
Bispo, teólogo e político. Formado en Oxford, obtivo o doutoramento en Dereito por Oxford e Padua. Embaixador de Enrique VIII de Inglaterra, negociou a Paz de Cambrai entre Carlos V e Francisco I de Francia (1529). Foi bispo de Londres (1522-1530) e de Durham (1530-1532) e mostrouse reticente á Reforma, polo que Eduardo VI de Inglaterra o mandou preder (1550) e destituír (1552). Restituído por María I Tudor (1553), foi novamente encarcerado por Isabel I Tudor en Lambeth (1559), onde morreu.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Hackforth, North Yorkshire -
Deceso
Lugar : Lambeth