turbeira
turbeira
(< 2 turba)
-
s
f
[BOT/XEOL]
Tipo de vexetación propia de medios enchoupados, que se caracteriza pola presenza abundante e exclusiva de brións ou herbas higrófilas. O crecemento das plantas orixina unha gran cantidade de materia vexetal, que a causa da anaerobiose existente se transforma en turba, que se acumula nos fondos da turbeira.
-
s
f
[XEOL]
Depósito de turba que se orixina en terreos cuaternarios pantanosos e con climas húmidos.