turbulencia

turbulencia

(< lat turbulentĭa)

  1. s f

    Calidade de turbulento.

  2. s f

    Turbación da orde pública.

  3. s f [FÍS]

    Movemento desordenado das partículas dun fluído no que, en lugar de seguir traxectorias paralelas, coma no réxime laminar, describen traxectorias sinuosas e forman remuíños. A turbulencia é o movemento dos cursos da auga e dos fluídos dentro das canalizacións.

  4. turbulencia atmosférica [METEOR]

    Movemento irregular do aire a causa de remuíños superpostos ao fluxo xeral. Este fenómeno é importante na capa da atmosfera en contacto co solo (capa límite); tamén ten lugar noutras partes da troposfera e produce os bandazos dos avións.

Palabras veciñas

turbomotor | turbopropulsor | turborreactor | turbulencia | turbulento -ta | Turces | turco -ca