Turina, Joaquín

Turina, Joaquín

Compositor. Estudou con Moszokowski e D’Indy en París. Foi nomeado profesor do conservatorio de Madrid en 1931. As súas obras máis destacadas son Sevilla (1909), Sonata romántica (1910), Sinfonía sevillana (1920) e Rapsodia sinfónica (1931) para piano e orquestra. Das súas obras teóricas cómpre salientar un Tratado de composición musical (1947-1950). Recibiu o Premio Nacional de la Música (1926) por Trío para piano.

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Sevilla

  • Deceso

    Lugar : Madrid