Tusell, Javier
Historiador e político. Catedrático de Historia Contemporánea, foi membro da Federación Popular Democrática (1974-1977) e do Partido Demócrata Cristiano, -integrado na UCD-, polo que foi elixido concelleiro de Madrid (1979). Director xeral de Patrimonio Artístico, Archivos y Museos, dirixiu as negociacións para o traslado do Guernica a España. Colaborou en diversos medios de comunicación e publicou La España del s XX (1975), Hijos de la sangre (1986), Radiografía de un golpe de Estado (1987), Fotobiografía de Juan Carlos I (2000), El aznarato: el gobierno del Partido Popular 1996-2003 (2004) e Ditadura franquista y democracia, 1939-2004 (2005). Recibiu o Premio Nacional de Ensayo (1977), o Premio Menéndez Pelayo de Historia (1977) e o Premio Internacional de Ensayo Jovellanos (1997).
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Barcelona -
Deceso