Tušratta
Tušratta
Rei de Mitanni (1395?-1355 a C), fillo de Suttarna II e irmán e sucesor de Artaššumara. Derrotado por Šuppiluliumaš I (1365? a C), perdeu as posesións sirias de Karkamiş, Alep, Mukiš, os países Nu)aš, Neya, Ara)tu e Ukulzat, e nunha nova derrota (1355? a C) o resto dos dominios, coa capital de Mitanni, Waššuganni. Foi asasinado polo seu fillo Kurtiwaza.