Tuthmosis IV
Tuthmosis IV
Faraón da dinastía XVIII (1425-1417 a C), fillo de Amenofis II. Deulle unha nova orientación á diplomacia exipcia ao buscar a amizade de Mitanni -casado coa filla do soberano Artatama I e cedéndolle a cidade siria de Alalakh- para opoñerse aos hititas.