teletipo

teletipo

(

  1. s m [TECNOL/COMUN]

    Aparato de telegrafía rápida, con impresión simultánea no aparato receptor da mensaxe transmitida. O transmisor cursa o texto e un dispositivo produce un sinal eléctrico que, debidamente codificado, é enviado por unha liña telefónica a un receptor que contén un dispositivo transcritor, que fai mover un dispositivo electromecánico portador dos tipos correspondentes ás letras, cifras e outros signos, sobre unha banda de papel de desprazamento uniforme. OBS: Tamén se denomina telégrafo impresor ou teleimpresor.

  2. s m [COMUN]

    Mensaxe que se envía mediante un teletipo.

Palabras veciñas

telesterion | telestesia | teletexto | teletipo | teleutóspora | Televés, Grupo | televidente