teletipo
teletipo
(
-
s
m
[TECNOL/COMUN]
Aparato de telegrafía rápida, con impresión simultánea no aparato receptor da mensaxe transmitida. O transmisor cursa o texto e un dispositivo produce un sinal eléctrico que, debidamente codificado, é enviado por unha liña telefónica a un receptor que contén un dispositivo transcritor, que fai mover un dispositivo electromecánico portador dos tipos correspondentes ás letras, cifras e outros signos, sobre unha banda de papel de desprazamento uniforme. OBS: Tamén se denomina telégrafo impresor ou teleimpresor.
-
s
m
[COMUN]
Mensaxe que se envía mediante un teletipo.