Ucha Piñeiro, Justo Perfecto Rodolfo

Ucha Piñeiro, Justo Perfecto Rodolfo

Arquitecto. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios de Ferrol (1895-1898) e posteriormente na universidade e na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid, ata 1906, momento no que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando como profesor axudante. Traballou sobre todo en Ferrol, onde foi arquitecto municipal, e na súa comarca, e caracterizouse polo respecto do contexto arquitectónico e o emprego da galería nas fachadas. Os primeiros anos da súa produción (1910-1920) son de carácter modernista, destacando as casas Vázquez (1912), Romero, Brañas (1913) e Rodríguez Trigo (1914) ou o Hotel Ideal Room (1917). Das obras da década de 1920, eclécticas e monumentais, destacou o deseño da fachada para o Teatro Jofre, o Casino, con Julio Galán Carbajal e José de la Peña Gabilán, a casa Dopico Seselle (1925) ou o edificio Pita Romero, modificado posteriormente por Nemesio López Rodríguez. Na seguinte década achegouse á art-decó, na casa Prieto Poupariña (1933) ou nos edificios Pita Saavedra e Calvo Formoso (1939).

Cronología

  • Nacemento

    Lugar : Vigo

  • Deceso

    Lugar : Ferrol