ukiyo-e*
ukiyo-e*
Escola pictórica xaponesa dos ss XVII e XIX que representou un intento de crear unha arte accesible para o pobo. Os temas tratados foron escenas de teatro, actores, prostitutas e mulleres das casas de baños, escenas budistas, flores ou temas da vida diaria. Destacaron Iwasa Matabei, Ando Hiroshige, Katsushika Hokusai ou Kitagawa Utamaro.