Ulla, A
Ulla, A
Comarca natural situada no centro-oeste da Comunidade Autónoma de Galicia. Está constituída polas parroquias dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Teo e Vedra, aínda que outras como a padronesa de Carcacía, ou incluso algunha de Silleda e Vila de Cruces se poderían considerar tamén como integrantes da mesma. O elemento físico que lle dá entidade a comarca é o val do río Ulla.