Ulloa, casa de

Ulloa, casa de

Construción situada no Corgo. De planta rectangular, realizouse con cantaría de granito e presenta cuberta a catro augas. Destaca o escudo de armas da familia Ulloa na fachada principal e a solaina da fachada posterior. O recinto rodeouse cunha cancela de forxa.