Ulpiano, Domicio
Ulpiano, Domicio
Xurista romano. Exiliado por Heliogábalo (222), Alexandre Severo confioulle os cargos de membro do consello imperial, prefecto da annona e prefecto do pretorio. Foi asasinado polos pretorianos. As súas obras fixérono un dos cinco xuristas indicados na lei das Citacións (426) de Teodosio II e Valentiniano III. Case un terzo do Dixesto está extraído das súas obras.
Cronología
-
Nacemento
Lugar : Tiro, Fenicia