umbrela

umbrela

(< lat tardío umbrella

s f [ZOOL]

Parte ampla das medusas, en forma de parasol, que contén a cavidade gastrovascular, os condutos radiais e as gónadas. Arredor da súa marxe hai un número variable de tentáculos, de diferente lonxitude e de carácter sensorial ou para capturar presas. Na parte ventral (subumbrela) hai unha especie de mango, o manubrio, no extremo do que está a boca.

Palabras veciñas

Umbo | umbón | Umbral, Francisco | umbrela | Umbrete | Umbria | Umbria, escola de