Umbria, escola de
Umbria, escola de
Escola de pintura desenvolvida durante a segunda metade do s XV. Baixo o influxo da escola florentina e de Piero della Francesca, o seu estilo caracterizouse pola afección aos temas relixiosos, á estrutura racional e simétrica da composición e pola perfección do debuxo. Formárona Il Perugino, Pinturichio, G. Boccati, B. Bonfigli, B. Caporali ou F. di Lorenzo.