Umbrina
Umbrina
[ANIMAL/ICT]
Xénero de perciformes, da familia dos esciénidos, co corpo alongado e robusto e con dúas aletas dorsais contínuas. A súa cor é agrisada, maís escura na rexión dorsal que na ventral, e con liñas douradas oblicuas. Habitan no océano Atlántico e no Índico. Destaca U. cirrosa, duns 40 cm de lonxitude, coñecido como gato de mar.