uncial
uncial
(
-
adx
Relativo ou pertencente á onza.
-
[PALEOG]
-
adx
Aplícase ao tipo de letras propias da escritura uncial.
-
escritura uncial
Escritura latina e grega que se caracteriza polas formas arredondadas dalgunhas letras, de módulo grande e de perfís contrastados. Xurdiu do esforzo consciente de reducir na caligrafía algunhas formas cursivas da capital romana nun estado menos evolucionado, sen ter en conta a cursivización que produciu a semiuncial. Aínda que as formas preunciais apareceron nos ss II e III, o tipo perfecto non foi fixado ata o s IV. A transcrición da Biblia e doutros textos cristiáns deulle gran difusión, pero a partir do s VIII competiu con escrituras máis correntes, como as nacionais e as precarolinxias.
-
adx