uncaria

uncaria
Nome científico: [Uncaria gambir, Fam das rubiáceas]
s f [PLANTA]

Liana con gabiáns uncinados, da familia das rubiáceas, de follas simples, opostas e elípticas, de flores cun longo tubo corolino, dispostas en umbelas, e de froitos alados. Atópase, espontaneamente e en cultivo, en Indonesia e Malaisia. Produce un tanino que é moi usado, e as súas follas son moi empregadas como mastigatorio, xunto con follas de bétel e noces de areca, nos países que bordean o Océano Índico.

Palabras veciñas

Unanue Pavón, José Hipólito | uñar | unaza | uncaria | uncial | unciforme | uncinado -da