uncaria
uncaria
Nome científico:
[Uncaria gambir, Fam das rubiáceas]
s
f
[PLANTA]
Liana con gabiáns uncinados, da familia das rubiáceas, de follas simples, opostas e elípticas, de flores cun longo tubo corolino, dispostas en umbelas, e de froitos alados. Atópase, espontaneamente e en cultivo, en Indonesia e Malaisia. Produce un tanino que é moi usado, e as súas follas son moi empregadas como mastigatorio, xunto con follas de bétel e noces de areca, nos países que bordean o Océano Índico.