Ungava

Ungava

Península de Québec, situada na parte setentrional da península do Labrador, entre a baía de Hudson, ao O, o estreito de Hudson, ao N, e a baía de Ungava, ao L. Incorporada á provincia de Québec en 1912, constitúe un distrito. A baía de Ungava , comprendida entre o cabo Hopes Advance, ao O, e o cabo Chidley, ao L, recibe, entre outras, as augas dos ríos George, Koksoak e Payne.