Unió Democràtica de Catalunya

Unió Democràtica de Catalunya
Nome científico: [UDC]

Partido político catalán, fundado en 1931 como partido catalanista e democrático de inspiración cristiá, pero non confesional. Durante a Guerra Civil mantívose fiel ás institucións catalás e democráticas pero manifestou a súa oposición aos gobernos que as rexían. Ao termo da guerra moitos dos seus membros exiliáronse e outros reorganizárona clandestinamente en 1941. En 1965 formou parte do Equipo Democratacristiano de España, co que se integrou na Unión Europea e na Unión Internacional Democratacristiá. En 1979 formou con Convergència Democràtica de Catalunya (CDU) a coalición Convergència i Unió (CiU) coa que conseguiu representación nas institucións catalás, españolas e europeas e formou parte dos gobernos da Generalitat (1980-2003). Foi presidida por Miquel Coll i Alentorn ata 1988, Joan Rigol i Roig (1988-1990) e Josep Antoni Duran i Lleida, desde 1990.

Palabras veciñas

unimolecular | uninervio -via | uninominal | Unió Democràtica de Catalunya | unión | Unión Académica Internacional | Union Act