Unión Astronómica Internacional

Unión Astronómica Internacional
Nome científico: [UAI]

Organización internacional destinada a promover e favorecer a colaboración internacional no campo da astronomía. Creada en Bruxelas (1919), conta con miles de científicos afiliados de 45 estados. Edita unha publicación que inclúe os asuntos tratados nas asembleas xerais. Patrocina servizos, como o da hora, e coordina traballos, como o mapa topográfico do ceo ou a vixilancia do Sol.