Unión Campesina

Unión Campesina

Agrupación agraria creada en 1907 na Coruña. Naceu con bases anarquistas e o seu programa baseábase na reclamación da supresión dos arbitrios municipais e dos foros, as reparticións de consumos ou a exportación dalgúns produtos agrícolas. En 1908 parte dos seus afiliados pasaron a Solidaridad Gallega. En 1919 desfíxose totalmente e o seu nome foi recollido como título da publicación doutra organización agraria socialista coruñesa.