Unión Conservadora
Unión Conservadora
Grupo político fundado en 1898 arredor da figura de Francisco Silvela y de Le Vielleuze. Integrárono, desde a morte de Cánovas del Castillo, parte dos membros do Partido Conservador que defendían unha maior honestidade administrativa (silvelistas). Cun programa rexeneracionista e descentralizador, acadou o poder en 1899, aínda que a súa política de atracción da burguesía conservadora fracasou rapidamente, a causa das súas medidas fiscais.