Unión da Mocidade Galega

Unión da Mocidade Galega
Nome científico: [UMG]

Organización ligada ideolóxica e organizativamente á Unión do Povo Galego, e constituída en 1977 cunha perspectiva comunista e patriótica para a mocidade galega. Os seus obxectivos fundamentais pasaron por incorporar os mozos galegos á loita pola liberación nacional de Galicia e á construción do socialismo, á defensa e o fortalecemento da unidade do movemento xuvenil galego, en busca de liberdades para a nación galega e ao apoio a todos os pobos do mundo na súa loita pola liberación nacional, así como na consecución da democracia, a paz e o socialismo.