Unión de Armas

Unión de Armas

Organismo militar instaurado por decreto do conde-duque de Olivares o 25 de xullo de 1626. A súa finalidade era a de facer contribuír a todos os reinos da monarquía hispánica no mantemento en pé de guerra dun exército común de 140.000 homes, achegados e mantidos segundo unha proporción fixa. O proxecto foi rexeitado en varias ocasións nas Cortes de Barcelona (1626, 1632, 1635 e 1639-1640), polo que nunca se fixo efectivo, e coa caída de Olivares (1643) quedou esquecido.