Unión de Explosivos Río Tinto SA
Unión de Explosivos Río Tinto SA
Empresa española creada en 1969 ao fusionarse a Compañía Española de Minas de Río Tinto e a empresa química Unión Española de Explosivos (fundada en 1896). Desenvolveu as súas actividades en varios campos, como a petroquímica, os fertilizantes, as refinarías de petróleo, os explosivos, a química inorgánica, a minaría do cobre ou a recuperación de piritas. Foi a primeira empresa química española polo seu volume de vendas en 1986, pero viuse moi afectada pola crise do sector químico e en 1988 pasou á órbita do grupo KIO. En 1992 tivo que presentar suspensión de pagos, e en 1994 foi adquirida polo grupo holandés Pallas.