Union Démocratique Républicaine

Union Démocratique Républicaine
Nome científico: [UDR]

Organización política francesa xurdida en 1967 da reunificación entre a Union Démocratique du Travail (UDT) e a Union pour la Nouvelle République (UNR), ambas de orientación gaullista e que se dividiran polas diferenzas con respecto á descolonización de Alxeria. Dirixida por G. Pompidou (1969-1974), adoptou unha posición conservadora baixo a dirección de Jacques Chirac e en 1976 converteuse en Rassemblement pour la République (RPR).